quarta-feira, 19 de dezembro de 2012

By the way...

Tiña gravados na retina unha morea de sons
os texidos das súas pálpebras estaban maquillados co ar

fendeunos en dúas partes e brindoullos ó mar
pitábanlle os tímpanos de ter que estar mastigando
repetidos acenos de cínica condescendencia

aromas palatalmente intransixentes que lle facían
estoupa-la gorxa con esa visión retrospectiva
i ese músculo impulsor de conveniencias barnizadas de
olor a pechado, morte nas xemas dos dedos

Nenhum comentário:

Postar um comentário