Voltamos ó exilio,
perdemos as nosas verbas
Queremos colirio
pra as nosas conciencias
Quizáis sexa máis difícil
asemellar indiferenza
que plantarlle cara ó mísil
que detona a nosa terra
Simples cascas de poetas,
artistas e loitadores
Situacións ariscas, resecas
afloran no horizonte
Conservar as nosas ánimas
entroido, San Xoán e festas
Lingua afable, doce…lánguida
donas, senhor,
vasalos e doncelas
Endexamais pensaramos tal perda,
tal atrocidade,
tal doenza,
tal saudade.
Quizáis sexamos de apracíbel natureza
calmos e mestos como as fragas
de sensibilidade, riqueza
xangáis como a cor das bágoas
Quizáis o noso alento desapareza
mais sempre será dunha forma moi leve
O espírito galego aflora
na nosa frondosa mente
Frondosa coma os soutos
que son os pulmóns da nosa morriña,
tinguida de sorrisos tristura
na nosa xente riquiña
Só quedan os ósos
dos adros nos que os valentes
cultivaban os remorsos
das batallas pendentes
Colgados dos seus soños
esperan tristemente
que actuemos con forte ton
polas nosas débedas pendentes
A fala, as terras, os ‘‘depende’’
os mariñeiros, os portos, as brétemas
as maletas cargadas de lembranzas
cara ás Américas
Bos Aires, publicacións, letras
un resquicio de piedade
nunhos anos de enxebre maleza
que danzaba entre as grechas da nosa espida indentidade
Aloumiñámonos cos nosos ‘‘Quérote’’
coas nosas rianxeiras
cos nosos ‘‘Non te esquezas
de levar preto do teu corazón a túa terra’’
Tendo na cabeza o son
dunha gaita, dunha gaivota,
dunha onda do mar que un día
bañou as túas pernas
Pernas que agora esfórzanse
por reconstruír o derrocado
e volver a levantar
os rescaldos mollados, todas as pezas
Mollada a nosa terra, o noso ceo
os bicos que nos demos en cada despedida
tras cada lóstrego de desexo
abaneándose os brancos panos que aloumiñan
En cada serán un novo paxaro canta,
un novo regueiro asubía,
unha pandeireta soa no cruceiro
no que se pode ver unha vermella saia
A senda nunca está marcada
O noso tino engana
con agasallos ou falsas esperanzas
Malia sorte de ter esta desgana!
De non saber se mañá estarán ahí
as saias, as verbas, as pandeiretas, as gaitas
Se a choiva se chamará chuvia
ou orballo ou poalla ou froallo
Queremos malvivir na miseria,
levar ós nosos costumes e sinais
á fosa común da ignorancia; baixar a cabeza
ante o xugo do tempo coma o vello mestre?
Xa lle cantaban dende Boel á nosa Galiza
que espertase do sono no que estaba enbruzada
E faciámolo nós daquela…
Por que non outro Rexurdimento das nosas ánimas?
O florecer do noso ímpeto
tan agochado non estaba
Quizáis o esquecimos
entre tanto eucalipto
Contaminados de paciencia
en exceso congregada
dentro das peles dos galegos
con encima tantas andainas
Pero non vas ser todo decadencia,
nin coita, nin noutrora
Se queremos e temos paciencia
poderemos corrixilo agora
Hai camiño por andar,
hai silvas no mar,
hai toxos nos regueiros,
hai quenllas no lar
de quen non coida o seu ombreiro.
Mais sen individualizar
nin ter, de vinganza, xenreira
É unha senda pra
loar
ós que deixaron
atrás as cadeiras,
os ollos cheos de
bágoas,
as mans con
fendeduras
de quen leva ó
lombo a amargura,
de quen morreu
pola nosa patria.
Cáensenos os
dedos, os labios,
as unllas, as
maos,
os cabelos xeados,
As inxustizas e
os corazóns,
os xeonllos,
o pescozo –terra
erma-
onde cargamos con
metafóricas botas de soldados,
de homes
insensibilizados.
DEIXEMOS ATRÁS AS
MÁGOAS
os mártires pra
Sebastián
Victimismos os
xustos, moito hai por lograr
Non sempre é nin
será doado
mais xa o tiñan
outros logrado
Así que
traballemos coa nosa lingua,
difundámolo coas nosas
pernas
Pensemos na
Galiza
e o que podemos
facer dela.
Pensemos nos ríos
e nas fontes,
tan acostumados
ás despedidas,
e fundemos unha
nova filosofía:
Nin prantos, nin
rúas sen saída,
só un obxectivo
no punto de mira.
Dende a túa casa,
dende a oficina,
dende a praia ou
dende as rutas matutinas
Fala galego,
disfruta do entroido,
colle castañas e
márcate un picado,
un punteado
un bo baile no
serán
un retorno no
tempo e
un avance no
mental,
na conciencia do
que precisamos
e na
autoconciencia do que perdemos,
do que somos e do
que gardamos
Continuemos como
galegos.
Os extremos nunca foron bos
e a historia, ás veces, tampouco
mais non debemos deixalo estar, non,
nin radicalizarnos.
Trátase da conservación
duns rasgos de dozura
cheos de tenrura
dunha cultura marabillosa,
coma todas, tendo respecto.
Houbo fallos e incorreccións,
houbo malas actuacións
Sufrimos e choramos
mais agora xa o pasamos,
agora xa está ben
Aproveitémolo e
non perdamos ren
Tolerancia e multiculturalidade
respecto e convivencia,
todo pode facerse realidade
con mesura e sen disidencias.