domingo, 26 de maio de 2013

poema enxebre

Voltamos ó exilio,
perdemos as nosas verbas
Queremos colirio
pra as nosas conciencias

Quizáis sexa máis difícil
asemellar indiferenza
que plantarlle cara ó mísil
que detona a nosa terra

Simples cascas de poetas,
artistas e loitadores
Situacións ariscas, resecas
afloran no horizonte

Conservar as nosas ánimas
entroido, San Xoán e festas
Lingua afable, doce…lánguida
donas, senhor, vasalos e doncelas

Endexamais pensaramos tal perda,
tal atrocidade,
tal doenza,
tal saudade.

Quizáis sexamos de apracíbel natureza
calmos e mestos como as fragas
de sensibilidade, riqueza
xangáis como a cor das bágoas

Quizáis o noso alento desapareza
mais sempre será dunha forma moi leve
O espírito galego aflora
na nosa frondosa mente

Frondosa coma os soutos
que son os pulmóns da nosa morriña,
tinguida de sorrisos tristura
na nosa xente riquiña

Só quedan os ósos
dos adros nos que os valentes
cultivaban os remorsos
das batallas pendentes

Colgados dos seus soños
esperan tristemente
que actuemos con forte ton
polas nosas débedas pendentes

A fala, as terras, os ‘‘depende’’
os mariñeiros, os portos, as brétemas
as maletas cargadas de lembranzas
cara ás Américas
Bos Aires, publicacións, letras
un resquicio de piedade
nunhos anos de enxebre maleza
que danzaba entre as grechas da nosa espida indentidade

Aloumiñámonos cos nosos ‘‘Quérote’’
coas nosas rianxeiras
cos nosos ‘‘Non te esquezas
de levar preto do teu corazón a túa terra’’

Tendo na cabeza o son
dunha gaita, dunha gaivota,
dunha onda do mar que un día
bañou as túas pernas

Pernas que agora esfórzanse
por reconstruír o derrocado
e volver a levantar
os rescaldos mollados, todas as pezas

Mollada a nosa terra, o noso ceo
os bicos que nos demos en cada despedida
tras cada lóstrego de desexo
abaneándose os brancos panos que aloumiñan

En cada serán un novo paxaro canta,
un novo regueiro asubía,
unha pandeireta soa no cruceiro
no que se pode ver unha vermella saia

A senda nunca está marcada
O noso tino engana
con agasallos ou falsas esperanzas
Malia sorte de ter esta desgana!

De non saber se mañá estarán ahí
as saias, as verbas, as pandeiretas, as gaitas
Se a choiva se chamará chuvia
ou orballo ou poalla ou froallo

Queremos malvivir na miseria,
levar ós nosos costumes e sinais
á fosa común da ignorancia; baixar a cabeza
ante o xugo do tempo coma o vello mestre?

Xa lle cantaban dende Boel á nosa Galiza
que espertase do sono no que estaba enbruzada
E faciámolo nós daquela…
Por que non outro Rexurdimento das nosas ánimas?

O florecer do noso ímpeto
tan agochado non estaba
Quizáis o esquecimos
entre tanto eucalipto
Contaminados de paciencia
en exceso congregada
dentro das peles dos galegos
con encima tantas andainas

Pero non vas ser todo decadencia,
nin coita, nin noutrora
Se queremos e temos paciencia
poderemos corrixilo agora

Hai camiño por andar,
hai silvas no mar,
hai toxos nos regueiros,
hai quenllas no lar
de quen non coida o seu ombreiro.
Mais sen individualizar
nin ter, de vinganza, xenreira
É unha senda pra loar
ós que deixaron atrás as cadeiras,
os ollos cheos de bágoas,
as mans con fendeduras
de quen leva ó lombo a amargura,
de quen morreu pola nosa patria.
Cáensenos os dedos, os labios,
as unllas, as maos,
 os cabelos xeados,
As inxustizas e os corazóns,
 os xeonllos,
o pescozo –terra erma-
onde cargamos con metafóricas botas de soldados,
de homes insensibilizados.

DEIXEMOS ATRÁS AS MÁGOAS
os mártires pra Sebastián
Victimismos os xustos, moito hai por lograr

Non sempre é nin será doado
mais xa o tiñan outros logrado
Así que traballemos coa nosa lingua,
difundámolo coas nosas pernas
Pensemos na Galiza
e o que podemos facer dela.
Pensemos nos ríos e nas fontes,
tan acostumados ás despedidas,
e fundemos unha nova filosofía:
Nin prantos, nin rúas sen saída,
só un obxectivo no punto de mira.

Dende a túa casa, dende a oficina,
dende a praia ou dende as rutas matutinas
Fala galego, disfruta do entroido,
colle castañas e márcate un picado,
un punteado
un bo baile no serán
un retorno no tempo e
un avance no mental,
na conciencia do que precisamos
e na autoconciencia do que perdemos,
do que somos e do que gardamos
Continuemos como galegos.

Os extremos nunca foron bos
e a historia, ás veces, tampouco
mais non debemos deixalo estar, non,
nin radicalizarnos.
Trátase da conservación
duns rasgos de dozura
cheos de tenrura
dunha cultura marabillosa,
coma todas, tendo respecto.

Houbo fallos e incorreccións,
houbo malas actuacións
Sufrimos e choramos
mais agora xa o pasamos,
agora xa está ben
Aproveitémolo e
non perdamos ren
Tolerancia e multiculturalidade
respecto e convivencia,
todo pode facerse realidade
con mesura e sen disidencias.

Nenhum comentário:

Postar um comentário