domingo, 12 de maio de 2013

De maior quero ser unha aldea

Por que non
unha reencarnación
nunha muralla
ou nunha lousa

       en regato
       en calquera cousa

Por que non podo ser
algo inerte
algo sen ánima
pero latente

       en ''costa verdecente''
       en lareira ardente


Canto máis simple,
máis fermoso
Canto máis humano,
menos xeitoso


Ser un chanzo
das escaleiras dun templo
Ser un bidueiro
de talle pequeno


Ser unha nogueira ou unha noz
ser outeiro de Lugo ou cantil de Foz

Non sei que vos diga
pois non me é dado
aventurar o futuro
e ser ousado
Pero máis felices seriamos
se fosemos un poema ou un pranto
se presenciasemos as experiencias dos demais
dende o punto morto do encanto
En forma de verso ou de chousa
de bico ou de onda







E berro que de maior quero ser unha aldea
ou mesmo cando morra
e migre a miña ánima
cara outra forma

Porque nada hai máis puro
e máis preto do sobrenatural.

En ningún lugar estarás máis cerca
de ti mesmo
que baixo ese ceo
sen contaminación lumínica
observando a Lúa e sendo estrela

Porque non hai nada
  mellor
que nacer no seu seo

Nenhum comentário:

Postar um comentário