Mecanografiamos as nosas teimas
no máis fondo das nosas almas
Seguen vagando en pena
as ideas, vagas
de que xa non se pode facer nada
Mentres a choiva masturba
os cristais dos buses
cavilamos no grises
que se volven os días
Así son os seus azuis ollos galegos
así transmite a tristura
máis fermosa
que endexamais tivo Galiza
porque isto ela é,
por nós somos ela
Ten alumnos e ten irmáns
ten lembrazas de asoballamento
ten nai e ten motivos
para seguir na súa terra crendo
Minto,
non ten ollos,
ten dúas fontes de segredos
que gardan verbas de agarimo
que abarcan vellos recordos
de días amenos
de loiros cabelos
coma o seu, coma o seu peito
da cor da area e tamén dos seus sentimentos
quebrantados,
ás veces
aloumiñados por millóns de mans
e de cerebros
e de libros de trescentras catro bibliotecas
Mais quebrantados, si
cheos de febras
de vidros rotos
de coiteladas
de amarga cervexa
Ten no corazón tatuados
bicos, beizos e texidos sanguinolentos
feitos cunha agulla
feita do verde das fragas,
dunha estela dunha pandeireta,
dun pedazo de liño,
dunha hedra,
dun cogomelo,
dun anaco de granito,
dun caxato dun vello,
dunha lente de Castelao
Nenhum comentário:
Postar um comentário